Proxecto de sensibilización e mellora das competencias dixitais do sector turístico
Únete ao programa para levar o teu negocio ao seguinte nivel!
Rexistro da empresa
Obxectivos do proxecto
Este proxecto busca aumentar a competitividade do turismo local mediante a tecnoloxía dixital, reforzar a sustentabilidade do sector e promover o desenvolvemento económico e social da comarca, ao tempo que se potencia o patrimonio culinario local.
Que conseguirás?
O proxecto ofrece consultoría especializada en experiencias turísticas e dixitalización, diagnóstico personalizado, e un plan de mellora para cada empresa. Inclúe formación en ferramentas dixitais, mellora de recursos, contacto con outros sectores implicados e certificado de participación.
Beneficiarios do proxecto
Pequenas e medianas empresas (pemes) vinculadas ao sector turístico local, incluíndo aloxamentos, restaurantes, adegas, axencias de viaxes, guías turísticos e outros actores clave na cadea de valor do turismo da rexión.
Estrutura do proxecto
Asesoramiento a las empresas para la digitalización de sus procesos
Ofrécese asesoramento personalizado ás empresas para dixitalizar os seus procesos e servizos, mellorando a súa eficiencia, visibilidade en liña e adaptabilidade ás novas tecnoloxías, co obxectivo de aumentar a súa competitividade no entorno turístico dixital actual.
Diagnóstico e identificación de pemes con potencial en dixitalización
Nesta fase realizarase unha valoración detallada da oferta turística dos concellos atravesados polo río Anllóns, identificando pemes con potencial para implantar melloras dixitais que repercutan positivamente no desenvolvemento turístico da zona.
Impulso da Transformación Dixital
Esta fase ten como obxectivo apoiar ás pemes inscritas no seu proceso de dixitalización mediante formación especializada e asesoramento técnico personalizado. O obxectivo é implementar melloras que reforcen a súa visibilidade, eficiencia e competitividade no ámbito dixital.
Programa de Formación
Entorno dixital aplicado ao sector turístico
Este curso ofrécelle ás pemes turísticas as claves para comprender e aproveitar o entorno dixital, mellorar a súa presenza en liña, a comunicación con clientes e o uso de ferramentas tecnolóxicas para impulsar a súa competitividade e crecemento.
Ferramentas dixitais aplicables ao sector turístico e identificación de tendencias
Este curso proporciona ás pemes turísticas o coñecemento das principais ferramentas dixitais e a capacidade de identificar as tendencias actuais para optimizar os seus procesos, anticiparse aos cambios do mercado e mellorar o seu posicionamento nunha contorna competitiva.
Calidade e atención ao cliente en contornos dixitais
Curso dirixido a mellorar a calidade do servizo nas empresas turísticas, facendo fincapé na atención ao cliente a través das canles dixitais. Abordaranse as habilidades de comunicación, resolución de conflitos e fidelización para crear experiencias únicas e memorables.
Técnicas de innovación en turismo
Este curso achégase ás pemes turísticas ás técnicas de innovación aplicadas ao sector, explorando novas formas de deseñar experiencias, adaptar os servizos ás necesidades dos clientes actuais e implementar solucións creativas que potencien a súa diferenciación e competitividade.
Creación de produtos e experiencias turísticas
Este curso orienta ás pemes turísticas no deseño e desenvolvemento de produtos e experiencias auténticos, sostibles e innovadores adaptados aos diferentes perfís de clientes, co obxectivo de xerar valor, diferenciación e novas oportunidades de comercialización.
Prezos de produtos e experiencias turísticas
Este curso ensínache a establecer prezos rendibles para produtos e experiencias turísticas a través de custos precisos, estratexias de valor percibido e análise de mercado, garantindo a competitividade e unha xestión eficaz dos ingresos.
Promoción e comercialización de produtos e servizos
Este curso ofrece ferramentas e estratexias para promover e comercializar eficazmente produtos e servizos turísticos, aproveitando as canles dixitais, as colaboracións estratéxicas e as técnicas de comunicación para aumentar a visibilidade e as vendas.
Coñece aos nosos formadores

Coñece o noso equipo
Paula Miller
Consultor
Andrea Montoiro
Consultor